Kalandraka inicia unha colección de música clásica para nenos

As catro estacións de Vivaldi abre o proxecto

Capa de <i>As catro estacións</i> de Kalandraka
Capa de As catro estacións de Kalandraka
Achegarlle a música clásica aos máis novos é o obxectivo da nova colección de libro-discos que abre a editorial Kalandraka. As catro estacións, de Vivaldi, é o título de presentación, que sae á luz a coincidir co aniversario do autor, nado o 4 de marzo de 1678. A violinista estadounidense Sarah Chang interpreta a peza co acompañamento da Orpheus Chamber Orchestra. Pola súa banda, o coruñés José Antonio Abad corre cun texto no que amosa o ciclo das estacións nun bosque, acompañado das ilustracións de Emilio Urberuaga, Premio Nacional de Ilustración 2011.